Acceso Usuari@s

QRZ.COM


Search in QRZ.COM


Created by PA4RM

eQSL.cc


Check your eQSL


Created by PA4RM

IN MEMORIAN Alfonso Rey Rodríguez, EA1RG

ALFONSO CAMBIOU o seu QTH (fogar), para sempre. A súa alma ergueu o vo cedo, moi cedo. A mensaxe confirmouse. QSL (Recibido). O corazón encóllese. Un golpe duro e xeado contén as bágoas e fai que, de súpeto, non creas que a noticia sexa certa. E queres ir ao seu encontro, como se puideses cambiar o sucedido, o QRC (destino). 

E queres acompañalo, que te sinta ao seu lado e buscas algunha frecuencia, saber o seu QTM (ubicación), para lle dar unha última mensaxe. Recíbesme, recíbesme, cambio.......QRV (a escoita). 

A pesar do silencio, sabes que está aí, ao outro lado, como sempre estivo, QRV (á escoita) e que, de cando en vez, contestará; porque a súa voz e a súa amizade quedou  gravada na memoria prioritaria (MR-Prio) do noso cerebro, nos megahercios da nosa vida.

Alfonso era un traballador a tempo completo e  atopou a morte traballando, (no seu Laboro). El era un gran traballador. A Hard worker. Full time. E ese espírito de traballo fixo que erguese o vo cedo, moi cedo.

Un esvarón, talvez un despiste, unha décima de segundo vólvenos axiña sombra, cinza. 

Radio Galega (como dicías ti), ergueches o vo cedo, moi cedo nunha tarde do mes de maio e ao despedirte gustaríanos como expresou un poeta, escarbar a terra e volverte á vida porque  temos aínda que falar moitas cousas. E seguiremos falando. Quedamos QRV e seguiremos falando; porque  a nosa amizade é eterna, inmensamente eterna.